martes, 20 de septiembre de 2016

Preparación na aula

En breve publicaremos neste mesmo lugar un documento audiovisual que deberá ser amosado a todos os grupos participantes unhas poucas horas antes da súa visita ao MAC, co propósito de motivar e meter en situación aos rapaces. Este documento conterá unha locución do conto titulado QUEN DIXO MEDO?, sincronizada coas ilustracións que Iria do Castelo está a preparar para a súa edición impresa, que sairá á rúa a finais deste ano 2016.

Seguridade de recipientes plásticos

Por suposto, seremos extremadamente cuidadosos á hora de escoller os consumibles que interveñan na fabricación das chocolatinas, como o xel desinfectante co que os cativos limparán as mans antes de manipular os moldes, os propios moldes ou o chocolate de cobertura. Pero tamén nos preocuparemos dos elementos de uso repetido, como os recipientes empregados para fundir o chocolate, que deberán resistir a temperatura necesaria sen alterarse físicamente nin desprender sustancias nocivas. A este respecto, asegurarémonos de que na súa composición non se atope ningún dos plásticos tóxicos reseñados no seguinte enlace: BLOGUE SOBRE SEGURIDADE ALIMENTARIA

Comezamos...

… E facémolo polo principio, como debe ser: publicando o prospecto informativo no que se especifican contidos, obxectivos e condicións de participación desta experiencia educativa (4 a 7 anos QUEN DIXO MEDO galego), que é a reedición ampliada e mellorada doutra que estreamos no curso escolar 2011-2012.