miércoles, 9 de noviembre de 2016

Vídeo para proxectar na aula na véspera de virdes ao MAC

Desta maneira, os vosos alumnos chegarán aquí familiarizados cos personaxes e predispostos a desfrutar máis intensamente dos restantes contidos da actividade: representación teatral do conto, fabricación de chocolatinas, visita á Colección...

Aproveitamos para dar as grazas a Iria do Castelo (responsable das ilustracións) e a Esferobite (responsable de darlles movemento).

Non esquezades poñelo a pantalla completa, subir ben o volume e configurar a reprodución en HD 1080. Lucirá moito mellor!



jueves, 3 de noviembre de 2016

Instrucións de seguridade sobre productos alimentarios (MOI IMPORTANTE)

CHOCOLATE DE FUNDIR:

Ningún dos fabricantes con distribución en grandes superficies e tendas de alimentación, que son os únicos que nos ofrecen un suministro regular a un prezo razoable, pode garantir unha fórmula libre ao 100% dos alerxenos máis comúns. Probablemente porque nas mesmas factorías procesan moitos productos coas máis diversas composicións. En tendas de dietética e nutrición existen innumerables variedades, pero non podemos dispor dunha diferente para cada caso. Así as cousas, optamos por empregar unha especialidade sen glute, apta para a ampla comunidade celíaca. Pero os afectados por outras intolerancias e alerxias deberán escoller entre unha das seguintes opcións:

a) Traer o seu propio chocolate, que entregarán aos educadores do MAC en canto cheguen.
b) Destruir a súa chocolatina co "mazo máxico do Doutor Niquete", en lugar de inxerila.

Adxuntamos a composición do chocolate que empregaremos.


MOLDES:

Desta volta, a figura elexida por cada participante, que dará forma á súa chocolatina, irá estampada sobre unha plastilina caseira e comestible, feita con auga quente, fariña de trigo, sal común, aceite de oliva e colorante alimentario. Aínda que a función desta masa non é outra que servir como recipiente para o chocolate fundido, resulta obvio que pode producirse unha transferencia de ingredientes. Por iso, os alumnos celíacos deberán ser identificados de todas formas, para que no seu caso poidamos interpoñer un fragmento de film de cociña entre molde e chocolate.

LUBRICANTE:

Co propósito de facilitar o desmoldado da chocolatina, a superficie do molde será lixeiramente impregnada con aceite de oliva antes de recibir o chococolate fundido. Salvo, loxicamente, naqueles casos nos que se empregue o devandito film de cociña.

Instrucións de seguridade sobre productos de hixiene

XEL DESINFECTANTE:

Antes de manipular os productos alimentarios que inxerirán ao remate da actividade, os participantes deberán ter as mans perfectamente limpas. A nosa aula dispón dunha toma de auga cun fregadeiro. Pero non é facilmente accesible para os máis pequenos. Por outra banda, levaríanos toda a mañá organizar os turnos necesarios. Así que, grazas ao uso dun xel hidroalcóholico para desinfección en seco, converteremos este proceso nunha divertida coreografía grupal. Non se recomenda o uso deste producto en menores de 3 anos de maneira continuada, porque pode secar a súa delicada pel. Pero de maneira puntual, e baixo o control de adultos, non prantexa ningún inconvinte. En calquera caso, adxuntamos aquí a súa composición.


TOALLIÑAS DE LIMPEZA:

Este segundo producto servirá para limpar as mans dos participantes (e a boca, e tamén as orellas, se fai falla) despois de que coman a chocolatina que fabricaron. Adxuntamos igualmente a súa composición.